22 decembro 2023

Bo Nadal 2023!

Clica na imaxe para vela ampliada

 

18 febreiro 2021

Ofrecemos íntegro o número 6, último impreso polo de agora, da nosa publicación en papel, publicado en xuño do ano 2013.
Para descargala en formato pdf, clica sobre a cuberta:


 

 

18 xaneiro 2021

Que Quede Quen o Conte número 5

 Ofrecemos, íntegro, o número 5 da nosa publicación en papel, publicado en abril do ano 2010.

Para descargala en formato pdf, clica sobre a cuberta:


17 xaneiro 2021

Que Quede Quen o Conte número 4

 Ofrecemos, íntegro, o número 4 da nosa publicación en papel, publicado en abril do ano 2009.

Para descargala en formato pdf, clica sobre a cuberta:

 


16 xaneiro 2021

Que Quede Quen o Conte número 3

 Ofrecemos, íntegro, o número 3 da nosa publicación en papel, publicado en xuño do ano 2006.

Para descargala en formato pdf, clica sobre a cuberta:

 


21 decembro 2020

Bo Nadal!

 


01 decembro 2013

"Que Quede Quen o Conte" en "La Voz de Galicia"

Hoxe, día 1 de decembro de 2013, unha xenerosa xornalista, Lucía Rei, tivo a ben difundir a existencia de Que Quede Quen o Conte na edición de Lugo do Xornal La Voz de Galicia.
Moitísimas grazas!
Por se alguén sente curiosidade e quere ler a reportaxe, na que se realiza unha pequena recensión e unha análise da nosa publicación, poñemos á disposición dos nosos lectores os enlaces que levan a ela:
 
Claro que, é posible que prefirades ver a versión que apareceu na edición impresa.  Neste caso, só tedes que clicar na imaxe que aparece a continuación para obter un exemplar da páxina en formato pdf:


06 agosto 2013

Que Quede Quen o Conte número 2

Ofrecemos, íntegro, o número 2 da nosa publicación en papel, publicado en xuño do ano 2005.

Para descargalo en formato pdf, clica sobre a cuberta:

28 abril 2012

Precisamos un tecido asociativo no rural

A gran crise do rural é o da expulsión das persoas que viven nel. Neste sentido, pasouse de ter un 70% das persoas ocupadas no sector agrario en 1950 ao 5,7% n actualidade. Parte da nosa sociedade considera que o despoboamento do rural forma parte do progreso e da modernidade dos tempos. Moito máis aló desta visión, a perda de persoas no rural ligada ao seu manexo, ten consecuencias ambientais, paisaxísticas, culturais e económicas.
É necesario tomar medidas antes de que esta situación sexa irreversible e non teña marcha atrás.
Ler o artigo completo en Tripando Terróns, blog de Praza Pública.

19 febreiro 2012

Que Quede Quen o Conte número 1

Ofrecemos, íntegro, o número 1 da nosa publicación en papel, publicado en marzo do ano 2004.

Para descargala en formato pdf, clica sobre a cuberta:


 Que ben vos preste!

28 setembro 2010

Que Quede Quen o Conte número 0

Ofrecemos, íntegro, o número 0 da nosa publicación en papel, publicado en marzo do ano 2002.

Para descargala en formato pdf, clica sobre a cuberta:



Que a disfrutedes!

24 abril 2010

O libro vermello das aldeas

Para os conservacionistas, biólogos e ecólogos dedicados á defensa da conservación das especies e hábitats, unha especie non se extingue, como puidera parecer, cando morre o último dos seus representantes, senón cando queda un número de individuos dabondo reducido para non poder reproducirse. (...) Para (...) propor solucións ás extincións (...) xurdiron da Unión Internacional de Conservación da Natureza (UICN) en 1963 os libros vermellos,(...)
O libro vermello das aldeas galegas, que sería o libro das persoas que as habitan, non está escrito aínda.

08 marzo 2010

Im Memoriam: Xosé Carlos Peleteiro

Reproducimos a continuación o último artigo escrito polo noso compañeiro na mesa de redacción Xosé Carlos Peleteiro. Para a lembranza dun home bo e xeneroso.

A LOITA POLA LINGUA
Que ben, que ben, que nós falamos tamén! Isto, que parece unha cantiga de xogos de pequenos, debe se-lo máis firme compromiso na loita emprendida pola liberación, exaltación e utilización do noso idioma.
Hai unha cousa clara: que o idioma é patrimonio de todos, é coma o país, coma a paisaxe. E co idioma pasa coma con case todo. Hai quen o despreza, hai quen o aprecia, hai quen se aproveita, hai quen o odia, hai quen o valora, hai quen o deshonra, hai quen o esclarece, hai quen o quere enterrar, hai quen o quere estudar, hai quen o quere esquecer...
E, postos no tema, e deixando a unha beira estamentos e capas sociais, a verdade é que neste circo hai moito divertimento sen pagar nada. "É mellor o sistema lusista porque aí está o futuro" ... "Non llo podo ensinar ós meus fillos porque non lle sirve para nada" ... "Deixárono caer e agora non hai quen o leve arriba" ... "O idioma morrará cos nosos vellos" ... "Aínda non temos aprendido ben o castelán e non imos meter outro idioma na cabeza" ... "Mentres non o falen os ricos non hai nada que facer" ... "En cada bisbarra fálase dunha maneira e así é imposible entenderse"...
Á parte dos de poderosas neuronas e forte vontade que se poñen ó seu estudio a calquera idade está ben claro que o camiño máis natural para falalo é mamalo. E mentres non haxa unhas leis e uns recursos humanos e materiais para ofrecer un ensino en condicións e "a pé de obra" poderemos andar coma o burro na noria: pisar sempre no mesmo sitio sen chegar a ningures.
E os que estudaron o tema, que din? Pois ó que parece non son nada optimistas. O galego é un idioma minoritario, un pobriño camiñante que ten por diante dous ogros que lle atascan o camiño: o castelán e o inglés.
O castelán é o idioma da inmensa maioría dos medios de comunicación, da expresión cultural e da xente do estado español. O inglés é o didoma de referencia internacional, dos negocios e dos ordenadores. E estes dous ogros traballan coma os ogros profesionais, arrasando o que poden e o que lles deixan.
E aquí estamos nós. No século XXI, cos nosos logros e os nosos medos. E se os logros nos animan, os medos inmovilízannos, asústannos, quéimannos...
Pero, hai medo na nosa xente a fala-lo idioma? Pois si, e  moito:
  • Temos medo social. A xente chic fala castelán. A clase dirixente fala castelán. As escolas maiores e menores teñen o castelán como idioma de base. Os nosos cregos, os nosos mestes, os nosos políticos...
  • Temos medo "económico". Para aquí non mandan nada. Temos que recorrer á economía submerxida. Falando galego non hai saída na vida.
  • Temos medo étnico. Os doutros sitios si que progresan. Sempre foron menores ca nós. Nós non valemos para nada.
  • Temos medo corporativo. Cando alguén quere facer algo, sempre ten que aparecer alguén que lle leve a contra. O que un fai o antagonista procura desfacelo.
  • Temos medo "mental". Como me vou eu poñer a facer isto se os doutros sitios, que son máis listos non foron quen de facelo?
E hai máis medos. Máis mecos. Máis lobos. Pero o tema non é quedarnos cos medos nin nos medos, senón botalos fóra. E iso precisa unha loita. E para loitar fan falla medios. E para usar eses medios fai falla xente convencida e eficaz que saiba sacárllelo máximo rendemento. E todo isto non sería nada se falta a "estratexia". Explícome.
É moi distinto o xeito de actuar dun que se sinte acurralado polas presións de todo tipo deses ogros que describimos antes, ó do que sabe que posúe no seu idioma unha xoia moi valiosa e non ten tempo nin quere telo para mirar para a vergoña, desinterese, envexa ou abandono que poida haber ó seu arredor.
Este, coma bon loitador, fará andar adiante os tantos que ten, os que lle dan e os que poida conquerir de seu.