Hoxe, día 2 de decembro de 2013, unha xenerosa xornalista, Lucía Rei, tivo a ben difundir a existencia de Que Quede Quen o Conte na edición de Lugo do Xornal La Voz de Galicia. Moitísimas grazas! E por se alguén sente curiosidade por ler a reportaxe na que se realiza unha pequena recensión e unha análise da nosa publicación, poñemos á disposición dos nosos lectores o enlace que leva a ela.
1 de dez de 2013
6 de ago de 2013
Que Quede Quen o Conte número 6
Ofrecemos, íntegro, o número 6 da nosa publicación en papel, publicado en xullo do ano 2013:
Etiquetas:
Edición en papel
22 de jun de 2012
Un SOS da escola rural
Queremos facer nosas as palabras de Carlos Rodríguez no seu artigo "Crónica do desentendemento. un SOS da escola rural", publicado en Sermos Galiza. Facemos uns pequenos estractos para facer boca:
Chove na tarde. A chuvia compásase coas ladeiras das montañas nas que medra o monte. Antes, nesas ladeiras verdegaba o centeo en San Xoan. Hoxe, como moitas hortas e cortiñas están á poulo sendo volvendo ao monte de xeito inexorábel nun lento compás de vida no que a saudade acontece continuada.
Somos pouca xente nova a que quedamos no rural e queremos seguir nel, non entendemos como non hai unha discriminación positiva do rural e cómo os medios de comunicación terxiversan (teimudamente?) as nosas verbas, verbas de SOS en contra do exterminio.
Ao final convencerannos de que se queremos ter calidade da educación non nos quedará outra que enviar aos nosos fillos e fillas cara as vilas e cidades. Mais todo isto, como dicía un señor da miña aldea, é un falar e falar é de quen quere. As familias dino con retranca: “A consellería non nos pecha o colexio, quere que nos vaiamos nós”.
28 de abr de 2012
Precisamos un tecido asociativo no rural
A gran crise do rural é o da expulsión das
persoas que viven nel. Neste sentido, pasouse de ter un 70% das persoas
ocupadas no sector agrario en 1950 ao 5,7% n actualidade. Parte da nosa
sociedade considera que o despoboamento do rural forma parte do progreso
e da modernidade dos tempos. Moito máis aló desta visión, a perda de
persoas no rural ligada ao seu manexo, ten consecuencias ambientais, paisaxísticas, culturais e económicas.
É necesario tomar medidas antes de que esta situación sexa irreversible e non teña marcha atrás.
Ler o artigo completo en Tripando Terróns, blog de Praza Pública.
Etiquetas:
Alternativas
25 de abr de 2012
Guía de Proxectos de Soberanía Alimentaria en Galicia
Desde a web de Panxea anúnciase a publicación da guía Proxectos de soberanía alimentaria en Galicia, como unha homenaxe ás persoas e colectivos que traballan na produción de alimentos. en clave de soberanía alimentaria. Son proxectos que tamén incorporan, en maior ou menor medida, principios de comercio xusto, consumo responsable e economía solidaria.
A publicación está elaborada entre Panxea, Árbore, A Cova da Terra e A Xoaniña, organizacións que traballan en rede dentro da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsable e nela preséntanse até 27 iniciativas que xa están a traballar en Galicia. A guía inclúe a descrición de cada unha delas, unha ficha técnica que indica os canais de comercialización, as súas
fontes de financiación, as redes nas que colaboran, o número de persoas
traballadoras e outros datos de interese.
Máis información na web de Panxea. Se a queres examinar en-liña, pica sobre a reprodución da portada que aparece nesta entrada.
Etiquetas:
Alternativas
3 de abr de 2012
Convertir Galiza nunha potencia madeireira e sen incendios...
Finlandia demostra que non só é posible explotar o monte, senón tamén cambiar radicalmente a súa composición por medio de medidas lexislativas. [...] Non se trata, polo tanto, de conseguir resultados nunha lexislatura. Falamos dun proceso histórico, mais os procesos comezan nalgún momento, e en Galiza levamos anos e anos a lamentarnos e sen reaccionar.
1 de abr de 2012
Granxa Maruxa ou o triunfo de ideas alternativas para desenvolver o rural
A emprendedora no rural, Marta álvarez, conta cales son os dez elementos clave do seu éxito dende que se decidiu deixar a cidade e empezar unha nova vida no campo. Granxa Maruxa tense transformado no seu gran proxecto, un proxecto de desfrute da vida laboral ao manter unha relación xentirl e responsable con medio e as especies que o poboan.
Etiquetas:
Alternativas
Assinar:
Postagens (Atom)