22 de jun. de 2012

Un SOS da escola rural

Queremos facer nosas as palabras de Carlos Rodríguez no seu artigo "Crónica do desentendemento. un SOS da escola rural", publicado en Sermos Galiza. Facemos uns pequenos estractos para facer boca:
Chove na tarde. A chuvia compásase coas ladeiras das montañas nas que medra o monte. Antes, nesas ladeiras verdegaba o centeo en San Xoan. Hoxe, como moitas hortas e cortiñas están á poulo sendo volvendo ao monte de xeito inexorábel nun lento compás de vida no que a saudade acontece continuada.
 Somos pouca xente nova a que quedamos no rural e queremos seguir nel, non entendemos como non hai unha discriminación positiva do rural e cómo os medios de comunicación terxiversan (teimudamente?) as nosas verbas, verbas de SOS en contra do exterminio.
 Ao final convencerannos de que se queremos ter calidade da educación non nos quedará outra que enviar aos nosos fillos e fillas cara as vilas e cidades. Mais todo isto, como dicía un señor da miña aldea, é un falar e falar é de quen quere. As familias dino con retranca: “A consellería non nos pecha o colexio, quere que nos vaiamos nós”.

Nenhum comentário: