25 de abr. de 2012

Guía de Proxectos de Soberanía Alimentaria en Galicia



Desde a web de Panxea anúnciase a publicación da guía Proxectos de soberanía alimentaria en Galicia, como unha homenaxe ás persoas e colectivos que traballan na produción de alimentos. en clave de soberanía alimentaria. Son proxectos que tamén incorporan, en maior ou menor medida, principios de comercio xusto, consumo responsable e economía solidaria.
 A publicación está elaborada entre PanxeaÁrbore, A Cova da Terra e A Xoaniña, organizacións que traballan en rede dentro da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsable e nela preséntanse até 27 iniciativas que xa están a traballar en Galicia. A guía inclúe a descrición de cada unha delas, unha ficha técnica que indica os canais de comercialización, as súas fontes de financiación, as redes nas que colaboran, o número de persoas traballadoras e outros datos de interese.
Máis información na web de Panxea. Se a queres examinar en-liña, pica sobre a reprodución da portada que aparece nesta entrada.

Nenhum comentário: